
BRINCAXI
PALABRI
Xa estás en Palabri, a cidade das palabras!
Aquí todas as palabras teñen significado e familia.

MISIÓN 6:
-
Colle unha tarxeta e observaa.
Entre os teus compañeiros hai mais nenos ou nenas que teñen unha tarxeta que é de ANIMAIS, COMIDA ou un MEDIO DE TRANSPORTE.
-
Facede un grupo de ANIMAIS, outro de COMIDA e outro de MEDIOS DE TRANSPORTE.
-
Xogamos de novo.
Como vedes, as palabras teñen familias coas que xuntarse. Que outras familias de palabras coñecedes?
Se superas esta misión obtés 4 moedas LEN
MISIÓN 7:
Vamos xa con unha das últimas misións.
Moi atentos! A profe vaivos ler un conto que mandamos
dende a Escola de Maxia.
Fonte: http://www.kalandraka.com/
Gustouvos?
-
Escolle unha palabra.
-
Escríbea nun folio.
-
Pona diante do espello.
-
Escribe o que ves. Moito ollo! Fíxate ben cara onde van as líneas das letras!
Como podes ver, a palabra é a mesma pero vémola de xeito diferente!
Moito ollo ao escribir!
-
Creade o voso propio "Ganapán das Palabras"!!
Se superas esta misión obtés 6 moedas LEN
MISIÓN 8:
CHEGADO ESTÉ MOMENTO... TEMOS QUE DESPEDIRNOS DOS AMIGOS DO PAÍS DA PALABRAS!
SI, ESTAMOS NA ÚLTIMA MISIÓN...
COMEZAMOS!!
DEBES BUSCAR O BAÚL DAS PALABRAS
EN GRUPO, SEGUIDE ESTA PRIMEIRA PISTA E IDE EN BUSCA DO BAÚL... QUE HABERÁ DENTRO?
PRIMEIRA PISTA:
SE ATOPAR O BAÚL DAS PALABRAS QUEREDES
AO LUGAR DO COLE NO QUE SE GARDAN AS MAIORES
AVENTURAS EN LIBROS IREDES.
